Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carnota busca voluntari@s ambientais

Carnota busca voluntari@s ambientais
O concello de Carnota vén de poñer en marcha un proxecto de voluntariado ambiental co fin de preservar os valores naturais do municipio. Os voluntari@s levarán a cabo accións de limpeza da marisma, do sistema dunar e do litoral de Carnota; limpeza e recollida de residuos nos regatos na súa parte final de marisma, identificación e demarcación de especies vexetais, labores de mantemento da vexetación da contorna do Lic Carnota- Monte Pindo, desbroces e acondicionamentos vexetais e realizarán exposición fotográfica ao final do programa. Os interesados poden solicitar máis información no número de teléfono 981 85 70 32. Fonte  

Comentarios