![]()
Xa está todo preparado en Carnota para que chegue o Entroido. O concello vén de dar a coñecer o programa de actividades que se desenvolverán durante estas esperadas datas. As celebracións comezan xa o venres, 9 de febreiro, cunha
festa de disfraces que terá lugar entre as 17 e as 20 horas no pavillón de Carnota. Alí haberá inchables, pintacaras e incluso unha discoteca móbil.
Xa o luns, día 12, haberá un
obradoiro de máscaras, con monitores especializados na materia, e que se desenvolverá entre as 11 e as 13 horas, na casa consistorial.
E o mércores, día 14, haberá unha sesión de
xogos deportivos con Fernando dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Para participar é necesario anotarse e a actividade será de 11 a 13 horas no pavillón de Lamas de Castelo.
Centro Social de Cee
![]()
Pola súa banda, o centro social de Cee - que depende da Consellería de Presidencia, Benestar, Igualdade e Emprego - organiza para venres 9 de febreiro un baile de entroido no centro, que comeza ás 18:30 horas. Ademais de bailar, os asistentes degustarán productos típicos destas datas e participarán no sorteo dunha cesta de entroido.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carnota