Carnota ensalzou os seus tesouros locais no Víndemo Ver
Artesanía, música, teatro, agro-ecoloxía, natureza, deporte… Un mar de actividades acollía esta Semana Santa o Concello de Carnota, na súa V Mostra de Promoción Local Víndemo Ver. Unha mostra que precisamente o que prentende é ensalzar os valores da comarca, os nosos puntos fortes.
Dende a organización fan un balance bastante positivo a pesar de que o tempo quixo roubarlle protagonismo á música. De feito, os concertos do venres da Escola de Música tiveron que ser aprazados e o Festival Rock de Bandas Locais tamén, quedando aprazados, que non suspendidos.
Era a artesanía un dos grandes reclamos, e puidéronse ver, entre outros, exposicións de produtos de Nacho Porto (cerámica), Cerámica Unzueta, Charamusca (cartón-piedra), taller Nordés (cerámica), Coiro Enxebre (marroquinería), La Aguada Artesanía (esmalte), Anahí Cachaza (textil), Llue Vidrieros, Os Alegres (instrumentos musicais) ou Óscar Barros (artesanía en prata).
Entre a produción local, non podería faltar a agricultura, e moitos dos produtores da zona venderon os seus tesouros agrícolas no mercado matutino.
Que dicir das actividades para nenos. Impresionante a actuación da Escola Municipal de Teatro que coa obra “O Convite” encheron a carpa. Tamén o Papurrubio deixou “pampos” a medio centenar cativos cos seus xogos populares, demostrando que non fan falta o 3D para pasalo ben. Nese senso, tamén foron un éxito os obradoiros de chapas, de camisetas e de instrumentos tradicionais.
Houbo tamén novidades, e “Bico de xeado”, da Granxa O Cancelo, estreou o seu carriño e tamén foi un éxito.
Os produtos locais, os grandes protagonistas da Mostra Víndemo Ver de Carnota Pero a música e o humor tamén estiveron presentesUn MAR de Deportes
Fantástica foi a acolllida, un ano máis, das probas deportivas no marco da Mostra. O Xoves Santo era día para coller a bicicleta, e foron máis de 250 os que se atreveron a subir o monte montados nas súas bicis de montaña para a Ruta BTT.
E para pechar a Semana Santa, cambiamos a bici polas zapatillas, outro deporte en alza, que congregou nada menos que a 200 bravos atletas na acertadamente chamada Carreira Vikinga.
Un MAR de culturas
Novas relacionadas
- Belén da Crega: “O teatro de rúa será un dos protagonistas do Víndemo Ver de Carnota”.
- Víndemo ver 2015: Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa
- Víndemo ver 2014: O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota.
- Víndemo ver 2014: O produto local foi protagonista na Mostra Víndemo Ver de Carnota.
- Víndemo ver 2013: Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico.
- Víndemo Ver 2012: Un MAR de arte agrícola en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Numenius.