Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carnota fai balance do verán e prepara a Carreira das Areas

Carnota fai balance do verán e prepara a Carreira das Areas
Xa informamos hai varias semanas da apertura do prazo de inscrición da Carreira das Areas. Pois ben, achégase a data. A cita desenvolverase o vindeiro sábado, 20 de agosto. Pero non é a única actividade organizada polo Concello para o que resta de verán, xa que esta fin de semana tamén vaise celebrar o Circuito de Fútbol Praia comarcal, da man da Asociación Ingüeiro e na praia de Lariño. Tamén queda unha excursión ao Aquapark de Cerceda, o día 25, e xa no mes de setembro, tomarán o relevo as actividades de inverno. Balance Dende o Concello de Carnota, e máis concretamente dende a Concellería de Cultura e Deportes, fixeron un balance moi positivo das actividades desenvolvidas nos últimos meses dentro do verán cultural e deportivo. Probas de trial para o Campionato Galego, festas de fin de curso, cursos náuticos, subidas ao Monte Pindo, campamento urbán, ou o Torneo de Tenis, constituiron as actividades artelladas polo Concello nas últimas semanas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios