Carnota prepara un entroido moi regueifeiro
07:07 24/01/18
Como todos os anos, o entroido de Carnota terá disfraces, comparsas e premios para os mellores entroideiros ademais da súa habitual programación infantil. O concello carnotán quere integrar un novo elemento nesta festividade: a regueifa. Así que o vindeiro sábado, 27 de xaneiro, presentarase a iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas (independentemente da súa idade) no local sociocultural do Viso.
Se se reúne a cantidade de xente necesaria, poñeranse en marcha tres xornadas de traballo con regueifeiros profesionais e de aí saírá unha boa posta en escea.
Novas relacionadas
- Cee reparte 4.5000 euros entre os mellores disfraces
- O Entroido de Baiñas quenta motores
- O Entroido de Fisterra xa ten cartel
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carnota