Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carnota prepara unha Semana Santa para ir vela

Carnota prepara unha Semana Santa para ir vela
CARTEL VINDEMOVER CARNOTA 2017

Xa son 6 anos dende que a Semana Santa de Carnota ten un interese especial. A aposta pola Mostra de Promoción Local de Carnota Víndemo Ver continúa firme e vai convertíndose nunha visita obrigada ano tras ano. A cultura, a tradición e a artesanía, fan unha perfecta sintonía coa música, a gastronomía, a natureza e o deporte, deixándonos 4 días completísimos.

Do 13 ao 16 de abril haberá mercado de produtos da horta e de artesanía da zona. Haberá degustación, mostras culturais e moito teatro e música na rúa, como ese concerto de Xabier Díaz diante do Concello carnotán.

Haberá deporte, coma sempre, por partida doble, coa V Ruta BTT Carnota (o xoves 13) e a xa mítica V Carreira Vikinga (sábado 15).

Iremos debullando o programa completo pero aquí vos deixamos xa cos primeiros carteis.

Semana Santa de Carnota 2017

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios