Martes. 07.05.2024
El tiempo

Carnota ensalzou os seus tesouros locais no Víndemo Ver

Carnota ensalzou os seus tesouros locais no Víndemo Ver
Os nenos disfrutaron do Víndemo Ver de Carnota Os nenos disfrutaron do Víndemo Ver de Carnota

Artesanía, música, teatro, agro-ecoloxía, natureza, deporte… Un mar de actividades acollía esta Semana Santa o Concello de Carnota, na súa V Mostra de Promoción Local Víndemo Ver. Unha mostra que precisamente o que prentende é ensalzar os valores da comarca, os nosos puntos fortes.

Dende a organización fan un balance bastante positivo a pesar de que o tempo quixo roubarlle protagonismo á música. De feito, os concertos do venres da Escola de Música tiveron que ser aprazados e o Festival Rock de Bandas Locais tamén, quedando aprazados, que non suspendidos.

Era a artesanía un dos grandes reclamos, e puidéronse ver, entre outros, exposicións de produtos de Nacho Porto (cerámica), Cerámica Unzueta, Charamusca (cartón-piedra), taller Nordés (cerámica), Coiro Enxebre (marroquinería), La Aguada Artesanía (esmalte), Anahí Cachaza (textil), Llue Vidrieros, Os Alegres (instrumentos musicais) ou Óscar Barros (artesanía en prata).

Entre a produción local, non podería faltar a agricultura, e moitos dos produtores da zona venderon os seus tesouros agrícolas no mercado matutino.

Que dicir das actividades para nenos. Impresionante a actuación da Escola Municipal de Teatro que coa obra “O Convite” encheron a carpa. Tamén o Papurrubio deixou “pampos” a medio centenar cativos cos seus xogos populares, demostrando que non fan falta o 3D para pasalo ben. Nese senso, tamén foron un éxito os obradoiros de chapas, de camisetas e de instrumentos tradicionais.

Houbo tamén novidades, e “Bico de xeado”, da Granxa O Cancelo, estreou o seu carriño e tamén foi un éxito.

Os produtos locais, os grandes protagonistas da Mostra Víndemo Ver de Carnota Os produtos locais, os grandes protagonistas da Mostra Víndemo Ver de Carnota Vindemo Ver Carnota 2016-2Pero a música e o humor tamén estiveron presentes

Un MAR de Deportes

Fantástica foi a acolllida, un ano máis, das probas deportivas no marco da Mostra. O Xoves Santo era día para coller a bicicleta, e foron máis de 250 os que se atreveron a subir o monte montados nas súas bicis de montaña para a Ruta BTT.
E para pechar a Semana Santa, cambiamos a bici polas zapatillas, outro deporte en alza, que congregou nada menos que a 200 bravos atletas na acertadamente chamada Carreira Vikinga.

Vindemo Ver Carnota 2016-Ruta BTT 250 participantes na ruta BTT Víndemo Ver Vindemo Ver Carnota 2016-Carreira Vikinga 200 corredores na Carreira Vikinga

Un MAR de culturas

Vindemo Ver Carnota 2016-8 Vindemo Ver Carnota 2016-7 Vindemo Ver Carnota 2016-6 Vindemo Ver Carnota 2016-5 Vindemo Ver Carnota 2016-4

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios