Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carnota prepárase para recibir un inverno cargado de actividades culturais e deportivas

Carnota prepárase para recibir un inverno cargado de actividades culturais e deportivas
O concello de Carnota vén de dar a coñecer - a través do departamento de Cultura e Deporte - as actividades que ofertarán durante o curso escolar 2017/2018. En canto a programación deportiva, para os máis pequenos continúan as actividades de patinaxe, predeporte, fútbol, taekwondo, Ven Bailar con Nós! e Voleibol. Como novidade, este ano ofértanse cursos de baloncesto, iniciación ao hóckey e atletismo. Os adultos poderanse inscribir - ao igual que o curso pasado - en zumba, step e voleibol e como novidade este ano terá baloncesto, running, ximnasia de mantemento e ximnasia de mantemento para maiores de 65 anos. Os cursos comezan o 2 de outubro. ESMU Dentro da Escola Municipal de Música ofértanse clases grupais e individuais de linguaxe musical, iniciación musical, música para adultos, combos, coral, orquestra Orff, harmonía e composición, coro infantil, grupo de música tradicional e unha gran variedade de instrumentos - guitarra, piano, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, saxofón, clarinete, gaita, pandeireta, percusión tradicional, frauta, frauta traveseira e canto -. O requisito para formar parte da ESMU é ter máis de 4 anos. O curso comeza o 2 de outubro cunha reunión para entregar os horarios e aclarar outras cuestións. A Axencia de Lectura Municipal oferta, un curso máis, a actividade Venres Lúdicos, un programa de dinamización lectora na infancia con actividades variadas orientadas a estimular o hábito lector e a achegar ós nenos e ás nenas participantes ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico. A actividade desenvólvese os venres, de 16:30 a 18:30 horas, na Axencia de Lectura Municipal - organizaranse grupos e quendas en función das solicitudes recibidas -. A data de comezo é o 20 de outubro. E antes de iniciar as actividades de inverno, o concello de Carnota despedirá o verán cunha tarde lúdica para todos os públicos. A cita terá lugar no campo do Viso o venres 22 de setembro de 17 a 18 horas. Haberá títeres Alakrán con “Circo Galaico”; logo, un pequeno descanso para merendar e coñecer o novo edificio do Viso por dentro; e de 19 a 20 horas habera unha representación con Teatro Ghazafellos que traen a obra “O vendedor de fume”.   Inscricións Os interesados en participar nalgunha destas actividades poden inscribirse no rexistro xeral do concello ata o día 18 de setembro. Tamén poden obter máis información no 981 857 032. Fonte

Comentarios