Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carnota reabre con precaucións

CARTEL RECOMENDACIÓNS PREVENCIÓN COVID19 Carnota
Carnota reabre con precaucións

Coincidindo coa reapertura dalgúns establecementos, o Concello de Carnota pon en marcha unha campaña de concienciación sobre a prevención de contaxio por COVID19. Unha campaña dirixida aos usuarios e usuarias de todos os establecementos carnotáns que estean prestando servizo de atención directa á clientela, pero moi especialmente ao sector do comercio.

Xa está dispoñible para as empresas un cartel onde se especificarán unhas recomendacións básicas de prevención do contaxio por COVID 19 en establecementos. Unha campaña para evitar que esta flexibilización nas medidas xere relaxación por parte da poboación.

Dende o Concello agradecen a reponsabilidade exemplar da veciñanza, amosan o seu sentido pésame a todas aquelas persoas que perderon a algún familiar ou padecen a enfermidade, e recordan que “protexéndote ti estarás protexendo aos demais tamén”.

Novas relacionadas

Comentarios