Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carnota, un concello Moi Humanitario

Carnota, un concello Moi Humanitario
A semana pasada, a Xunta aprobaba o novo escudo do Concello de Carnota. Un Concello que se louba de ser Moi Humanitario, como o indica o novo escudo. Pero de onde vén este título?

Unha longa historia

Xa coñecemos a historia ca Elección Histórica da Costa da Morte. Unha historia que ocorría o pasado 25 de febreiro de 1966 nas augas de Lira. Aquel día un barco da Armada española, o Ariete, non podía contra o forte vento reinante que e naufragaba fronte a costa carnotá. Intento de remocado, de fondeo, pero o mar arrincalle o ancla e o vento o leva aos baixos de Ardileiro. Os homes intentan salir nas balsas de salvamento, pero as condicións imposibilitaban a chagada a terra. Foi aí cando o pobo de Lira, e doutras zonas de Carnota, apareceu en escea. Montaron un andarivel, e despois de moitos esforzos desde as 11 da noite ata as 6:30 da mañán, todos os tripulantes (166) foron rescatados. Houbo 67 homes recompensados coa Cruz do Mérito Naval. Todos homes, posto que segundo consta na concesión, as mulleres, que axudaron tanto ou máis e arriscáronse o mesmo, expresaron o seu desexo de quedar no anonimato. A nova aínda está presente en Lira e mais en todo a península. En abril do 2006, varios dos supervivintes retornaron a Lira para celebrar o 40 aniversario daquel suceso, como vemos nesta imaxe.

Máis información

Fonte

Comentarios