Carnota volve facer comunidade cun novo “Mercadillo de regalar”
Volve unha nova edición do Mercadillo “Todo de balde” de Carnota. O IES Lamas de Castelo acolle estas dúas tardes sábado 23 e domingo 24 de novembro un mercadillo para regalar, trocar e conversar. Artellado por Sven e Alicia Vázquez.
Unha xornada para facer comunidade, para unir, compartindo todo tipo de cousas: roupa, calzado, xoguetes, libros, peluches… Podes traer o que queiras doar para que alguén lle dea outra vida, ou podes levar e darlle outra vida a
Todo co paraugas da reciclaxe, e tendo en conta que o textil é un dos maiores causantes de contaminación química e produción de CO2 do planeta, sen contar o traballo precario que xera en todo o mundo.
Ademais, con este “mercadillo de regalar”, os armadanzas pretenden recuperar un costume tradicional como é o troco, e unilo á esa concienciación medioambiental.
Fixádevos as fermosuras que houbo na última edición esperando que as recollas.