Carnota volve quedar sen pediatra, polo menos, ata marzo

Imaxe do Centro de Saúde de Carnota

Este venres as familias costeiras acodirán en masa á concentración convocada en Cee contra os recortes en pediatría. Porque segue chegando novas desalentadoras.

Desta volta chegan dende Carnota, onde as familias non poden pedir cita dende este mércores porque o profesional, compartido con Muros, non vai estar ata marzo. Como vén sendo habitual, estas ausencias temporais non son cubertas, e as familias fican desinfomadas e desamparadas, tendo que acodir a Muros en caso de enfermidade, ou esperando ata que volva o profesional para vacinas ou controis de idade.

Novas relacionadas cos recortes en pediatría

Máis novas