Venres. 29.03.2024
El tiempo

O 2020 comeza con novos recortes no servizo de pediatría de Zas

Concentracion feminista en Baio-Foto-Vitor de Mira 3
Imaxe da concentración feminista en Baio do día de fin de ano-Foto-Vitor de Mira
O 2020 comeza con novos recortes no servizo de pediatría de Zas

Comeza o ano pero a política sanitaria do goberno da Xunta non cambia. Así o corroboran xa dende o día 1 de xaneiro as familias de Zas, que se enteiran que o pediatra que tiñan actualmente non vai a volver a pasar consulta nos centros de saúde de Baio e de Zas. Así, dende o día 2 e ata que o SERGAS se digne a cubrir a praza vacante, 330 familias seguirán sen unha atención pediátrica e quedando as vacinas e as revisións do neno san ata novo aviso.
Para consultas urxentes, será o facultativo de Vimianzo quen atenderá ós nosos pequenos. Saturando así a sua propia carteira de cartillas.

Dende a coordinadora Zas sen recortes en pediatría aseguran que “xa non sabemos nin como calificar esta nova e vergonzosa tomadura de pelo por parte dun sistema que se supon está aí para garantir unha atención pediátrica de calidad para os nenos galegos pero o único que fai é deixar no olvido a centos de nenos polo simple feito de vivir no rural”.

O goberno esixe que a Xunta solucione o asunto

Responde inmediatamente o  Goberno Municipal de Zas que esixe que o SERGAS cubra de forma inmediata a praza de pediatra que vén de quedar vacante

Novas relacionadas

Comentarios