Martes. 19.03.2024
El tiempo

Feijoo escoitou as demandas das familias de Fisterra contra o precario servizo de pediatría

Concentracion en Fisterra ante Feijoo contra os recortes en Pediatria
Concentracion en Fisterra ante visita de Feijoo contra os recortes en Pediatria
Feijoo escoitou as demandas das familias de Fisterra contra o precario servizo de pediatría

Nin mirou para as familias, pero escoitar si que as escoitou. Visitaba Fisterra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e case un centenar de persoas, de toda a comarca (Dumbría, Muxía, Zas...) pero sobre todo de Fisterra, quixeron “recibilo”. Con cacerolada e pitada, ducias de familias esperábano este mediodía na praciña do Lavadoiro da Mixirica para protestar polo precario servizo de pediatría de Fisterra e de toda a Costa da Morte.

A berro de “incompetente” de “Coa sanidade dos nen@s non se xoga”, as familias deixaron patente a situación de indefensión do rural galego. Cando chegou o presidente foi un momento de explosión de rabia das familias, ao ver que nin sequera se xirou a miralas.

Dase a situación que xa pasou un mes dende que o Centro de Saúde fisterrán quedou sen pediatra, e a previsión era que se reincoporara precisamente este mércores 19 de febreiro, pero están cancelando as citas.

Houbo tempo ata para berrar polo Centro de Día de Corcubión. E agora toda a comarca xa pensa na manifestación deste venres 21 en Cee.

Concentracion en Fisterra con Feijoo contra os recortes en pediatriaFisterra contra os recortes en pediatria

Novas relacionadas cos recortes en pediatría

Comentarios