Venres. 29.03.2024
El tiempo

O precario servizo de pediatría na Costa da Morte volve ao Parlamento Galego

Imaxe dunha concentración comarcal polo carente servizo de Pediatra
O precario servizo de pediatría na Costa da Morte volve ao Parlamento Galego

Unha das zonas rurais onde a atención pediátrica é deficitaria, unha das zonas máis esquecidas de Galicia, é a Costa da Morte. Así o entende o BNG, que vai levar unha moción á Mesa do Parlamento Galego para esixir un compromiso verdadeiro do goberno da Xunta de Galicia. Porque considera que “o PP leva unha década cunha política de recortes na sanidade pública sen precedentes, levando á sanidade a un deterioro tal que está a provocar alarma social sen precedentes”.

Unha política que provoca graves consecuencias para as familias: “Masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitución, as listas de espera dunha semana, 10 días para o médico de familia, peche de axendas, saturacións, profesionais que ao ter que acudir a algunha urxencia teñen que deixar as súas consultas abandonadas durante horas, PACs ao limite…”

Vari@s deputad@s do partido nacionalista definen unha situación que coñecemos de preto: “Dumbría ten pediatra só dous días á semana, Muxía tres días, Corcubión comparte con Cee, a Picota ten un día á semana, xs nenxs de Zás teñen que desprazarse a Vimianzo que ten que atender á zona de Vimianzo e Zás, en Fisterra están sen pediatría desde o 19 de xaneiro até o 19 de febreiro por vacacións do titular que non é substituído”.

Razóns de sobra para tomar cartas no asunto. Por iso o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego formula as seguintes preguntas para resposta oral na Comisión 5ª:

  • ”Considera o Goberno galego que con estas carencias están ben atendidxs xs nenxs dos concellos da Costa da Morte?
  • ”Que vai facer para garantir a axeitada cobertura pediátrica na Costa da Morte?
  • Vai a Xunta cubrir as ausencias dxs profesionais de pediatría?
  • ”Ante a escaseza de pediatras existente no conxunto de Galiza, que medidas se están a adoptar para garantir a atención pediátrica para o conxunto da poboación infantil?
 

NOVAS RELACIONADAS CO PRECARIO SERVIZO DE PEDIATRÍA

 

Comentarios