mércores. 28.05.2025
El tiempo

O CEIP O Pindo celebra 50 anos da súa existencia e resistencia

Mural polos 50 anos do CEIP O Pindo
O CEIP O Pindo celebra 50 anos da súa existencia e resistencia

Medio século despois, o CEIP o Pindo celebra a súa creación. No curso 1974-1975 abria as súas portas, xunto con varios centros da zona, supoñendo isto a verdadeira socialización da educación pública na Costa da Morte, un gran paso cara a universalidade no acceso á educación.

Foto da inauguracion do CEIP O Pindo en 1975
Imaxe do ano 80, nun acto comunitario para inaugurar o monumento ao recén desaparecido Félix Rodriguez de la Fuente, que representaban a divulgación ambientalista, tan necesaria e vixente cincuenta anos despois. A águia que representa a homenaxe ao naturalista continúa presidindo a entrada do colexio.

Agora, o centro loce mellor ese aguia, gracias ao recén estreado mural, creado polo artista e ilustrador MiguelFK. Co seu selo persoal, o fisterrán deseñou unha representación da vida do cole, un centro educativo co valor engadido do seu entorno natural ao que accede de forma directa dende as súas instalacións, tamén mostra un recoñemento á diversidade do alumnado, ao enriquecemento mutuo da convivencia entre alumnado de varias idades, onde a etapa de infantil e primaria colaboran de forma habitual, sendo o trato personalizado e a educación en valores os pilares fundamentais.

A directiva do centro, coa colaboración dos concellos de Dumbría e Carnota, e o apoio da ANPA O Rabecho do cole, fixeron posible que o muralista fisterrán diseñara e plasmara este vistoso mural. 

Un ano especial

O presente curso 2024-2025, serviu para que a comunidade educativa se unira máis que nunca, se cabe, para reinvidicar o modelo dos coles pequenos do rural, onde os dereitos e recursos deben estar garantidos, polo que máis alá dun primeiro trimestre convulso polas
reclamacións á administración pública, con ata unha folga de ensino e unha importante concentración, foi un curso de crecemento e fortalecemento a tódolos niveis, o chamado Efecto Pindo serviu de impulso na zona para movilizar e reclamar os recursos necesarios. No Pindo conseguiuse aumentar a dotación de especialistas e tamén persoal auxiliar educativo (coidador) para a etapa de Infantil.

O 31 de maio, homenaxe

Por isto e moito máis, na memoria das persoas que fixeron posible que durante 50 anos o cole do Pindo existira e resistira, o vindeiro sábado 31 de maio haberá un encontro festivo no cole, unha xornada para celebrar e compartir. Dende as 11:00h ás 14:30h, ex-alumnado e ex-profesorado, xuntaranse para ver as exposicións de fotos antigas das diferentes promocións, poderán visitar tamén unha aula sobre a EXB (ambientada para a ocasión), haberá cartafol para recoller anécdotas e recordos, non faltarán petiscos e refrixerios, xogos populares para grandes e pequenos, actuacións musicais de alumnado e ex-alumnado, coa colaboración da Escola de Música de Carnota e as pandereteiras da Solaina e algunhas sorpresiñas.

Cartel 50 anos do CEIP O Pindo

No cartel da festa aprécianse algúns dos debuxos do alumnado do centro, que realizaron para conmemorar o 50 aniversario, destacando a Jimena, a autora gañadora do concurso de debuxos.

Para rematar o curso, no mes de xuño será a matrícula do alumnado que entra novo, acollendo ás familias que aposten polo modelo de escola inclusiva e personalizada do rural.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by @eu_estudiei_no_pindo

Comentarios