Condenan ao ex alcalde de Carnota, Ramón Noceda, por “acoso laboral”

2013 foi un tempo de conflitos laborais en Carnota. O goberno do BNG, tras dous anos de lexislatura, realizaba unha serie de 6 despidos aludindo explicacións de índole económica. Pouco despois o TSXG declaraba nulos varios destes despedimentos, provocando no seu día un gasto de case 300.000€ ao Concello.

O asunto seguíu cursando o seu periplo xudicial, da man dunha traballadora que denunciou ao ex alcalde, Ramón Noceda, por acoso laboral en 2016. Un procedemento que chegou ata o Tribunal Supremo que vén de ratificar a condena por acoso laboral que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa ditara en 2017.

Deste xeito, o Concello terá que abonar 10.000€ de indemnización á traballadora, considerando que ao ser readmitida non se lle permitiu desenvolver as súas labores, e foi sometida a “presión” provocando posibles “danos psicolóxicos”.

Novas relacionadas cos despedimentos

Outras novas