“O alcalde roza a ilegalidade de Carnota en cada contratación”


Segue no xulgado todo o escabroso asunto laboral do Concello de Carnota. Hai pouco revisábamos se os polémicos despedimentos seran caros ou non. Pero agora é a Fiscalía, que xa tomou cartas no asunto, q valore a legalidade de supostas contratacións a dedo, a raíz dunha denuncia presentada por un dos afectados polos despedimentos, Alfredo Cambeiro.
”Penso que o señor alcalde Ramñon Noceda vai ter problemas ca xustiza. Esta raiando a ilegalidade nas contratacións a dedo que vén de facer nos últimos tempos despois de intentar botarnos a 6 trabaladores con máis de 20 anos de antigüidade por asuntos persoais. Este home está dañado, ata cos seus seus”, sinala Cambeiro.
Un Cambeiro que asegura que nunca estivo, nin estará en ningunha lista política, negando a maior ante as acusacións do grupo de goberno.
A Fiscalía estudia pois posibles delitos de prevaricación por supostas “contratacións irregulares”, e xa está solicitando no Concello os contratos e os concursos que deberían ter sido realizados para esas contratacións. “Hai xente traballando no Concello que entrou sen concurso público”, denuncia.
Subida de soldo e unha nova praza creada
Ademais, critican, como fixo público o voceiro do PSOE, Suso Campos, que o goberno municipal vén de subirlle o soldo, en máis de 5.000€ e a través dunha RPT (Regulación de Postos de Traballo), a dous traballadores municipais, e vén de de crear unha nova de avogada, cando unha das traballadoras que tivo que ser readmitida por imperativo legal.
CCOO, PSOE e PP néganse a levar adiante o RPT pero parece que o Concello seguirá adiante.
Novas relacionadas
- 05-02-15: Uns despedimentos moi caros?.
- 27-07-14: Os traballadores readmitidos no Concello de Carnota denuncian que seguen presionados.
- 06-05-14: O Concello carnotán asegura que a única sentenza firme contra os despedimentos é a que implica ao PP por prevaricación.
- 05-05-14: Marisol Piñeiro e José Oreiro, ante o TSXG por unha suposta contratación a dedo.
- 29-04-14: Declaran nulo o despedimento de outras dúas traballadoras do Concello de Carnota.
- 24-03-14: O Xulgado repón unha traballadora municipais que fora despedida en Carnota.
- 15-11-13: Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde.
- 14-11-14: Tempos de conflitos laborais en Carnota.
- 17-09-13: A Xustiza declara nulo o despido dunha traballadora de Carnota.
- 07-09-13: O PP de Carnota vén de denunciar o trato discriminatorio cun ex-traballador do concello.
- 22-08-13: Explicacións económicas e criticas sociais aos 6 despidos de Carnota.
- 21-08-13: 6 despidos polémicos no Concello de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).