Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Xulgados repoñen dous traballadores municipais que foran despedidos

Os Xulgados repoñen dous traballadores municipais que foran despedidos

Esta semana, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitía dous vereditos nos que obriga aos Concellos de Carnota e Vimianzo a readmitir dous traballadores que foran despedidos no seu día polos seus alcaldes.

Por Carnota, unha das 6 traballadoras despedidas o ano pasado por motivos económicos no medio dunha ardua polémica, xa leva meses de volta no cargo. I é que o Xulgado de Santiago xa declarara nulo o ano pasado o seu despedimento, algo que ratifica agora o TSXG.
A traballadora fora despedida tras solicitar unha diminución de horas por maternidade, o que agravou a nulidade do despedimento. O Concello xa restituíra á traballadora e se fará cargo dos custes.

Mentres, en Vimianzo, o Xulgado Contencioso-Administrativo da Coruña daba por nulo o cambio de funcións que lle asignou o Concello ao Arquitecto Municipal. Durante o 2013 o arquitecto dábase de baixa por estrés ao entender que o Concello lle aumentou a carga de traballo. O Concello contrataba ademais a Daniel Beiras, "curiosamente o fillo de Beiras, no seu día compañeiro do alcalde", denuncia o CSIF, para ocupar o seu posto, cando según o Xulgado tería que ter sido un funcionario público interino o que o realizase, nunca unha externalización.
O Xulgado valora tamén que non houbo acoso ao traballor por parte do Concello, que si se terá que facer cargo dos custes, e que en todo caso, pensa recurrir a sentenza.
Dende o sindicato CSIF instan ao rexedor a pagar os 600€ de custes e a non interpoñer recurso de apelación, e a "respectar os dereitos dos traballores, funcionarios e laborales".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios