Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Declaran nulo o despedimento de outras dúas traballadoras do Concello de Carnota

Declaran nulo o despedimento de outras dúas traballadoras do Concello de Carnota
Concello de Carnota

En teoría, os 6 despedimentos no Concello de Carnota eran para non agravar a crise das arcas municipais. Pero estanlle saíndo máis caros do que pensaba. A Xustiza considerou, unha vez máis, nulo, o despedimento de dúas empregadas municipais, unha técnico xurista e unha delegada de persoal, polo que o Concello terá que indemnizar o u readmitir a estas dúas traballadoras, uníndose así á primeira readmitida.

Queda aínda un proceso xudicial aberto, co delegado sindical, e unha indemnización de máis de 50.000 a outro empregado. Un total, polo de agora, de 200.000€ empregados en solventar os despedimentos improcedentes, segundo a xustiza.

Critican ademais dende a oposición o gasto en avogados para defender ao Concello nestes procesos, que está sendo de 1.800€ mensuais.

Marisol Piñeiro pide a dimisión

Aproveita a situación a deputada do Grupo Popular, Marisol Piñeiro, para solicitar a dimisión do alcalde de Carnota e do seu equipo de Goberno, criticando a postura do PSOE local pola súa “monumental covardía política, xa que prefiren criticar o desastre no concello materializado polo BNG antes de tomar as medidas oportunas para evitalo, pese a que desde o PP lle brindamos o apoio para facelo en varias ocasións”.
Marisol Piñeiro, tamén concelleira en Carnota, afirmou que estas dúas novas sentenzas condenatorias para o alcalde “non fan máis que corroborar o que desde o PP xa viñamos dicindo desde o primeiro momento: estamos ante un alcalde-soberano medieval que utiliza o concello como o seu propio feudo”.

Piñeiro amentou que o Concello “teña que afrontar o pago de milleiros de euros por sentenzas condenatorias ao alcalde por xuízos con traballadores municipais, baleirando as xa deficientes arcas municipais e obrigando aos veciños a pagar por servizos que non se lle prestan”.

E aproveitou para criticar tamén ao Partido Socialista, sinalando que “é o cómplice necesario e voluntario das falcatruadas do BNG de Carnota, porque está a dar o seu apoio para que este alcalde estea á fronte do Goberno municipal”.
Neste sentido, recordou que o propio PSOE local anunciou durante a campaña para as eleccións municipais que “se chegaba a gobernar en Carnota tamén despediría a algúns traballadores do Concello só por ser simpatizantes do Partido Popular”. “Ata tal punto chegaron os socialistas que chantaxearon ao propio alcalde para apoiar o Plan de Axuste ofrecendo o seu voto favorable a cambio de que despedira aos traballadores sinalados como do PP”, engadiu.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios