Condenan ao ex alcalde de Carnota, Ramón Noceda, por “acoso laboral”

2013 foi un tempo de conflitos laborais en Carnota. O goberno do BNG, tras dous anos de lexislatura, realizaba unha serie de 6 despidos aludindo explicacións de índole económica. Pouco despois o TSXG declaraba nulos varios destes despedimentos, provocando no seu día un gasto de case 300.000€ ao Concello.
O asunto seguíu cursando o seu periplo xudicial, da man dunha traballadora que denunciou ao ex alcalde, Ramón Noceda, por acoso laboral en 2016. Un procedemento que chegou ata o Tribunal Supremo que vén de ratificar a condena por acoso laboral que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa ditara en 2017.
Deste xeito, o Concello terá que abonar 10.000€ de indemnización á traballadora, considerando que ao ser readmitida non se lle permitiu desenvolver as súas labores, e foi sometida a “presión” provocando posibles “danos psicolóxicos”.
Novas relacionadas cos despedimentos
- Marzo 2015: “O alcalde roza a ilegalidade de Carnota en cada contratación”.
- Febreiro 2015: Uns despedimentos moi caros?.
- 27-07-14: Os traballadores readmitidos no Concello de Carnota denuncian que seguen presionados.
- 29-04-14: Declaran nulo o despedimento de outras dúas traballadoras do Concello de Carnota.
- 24-03-14: O Xulgado repón unha traballadora municipais que fora despedida en Carnota.
- Outubro 2013: Tempo de conflitos laborais en Carnota.
- Setembro 2013: A Xustiza declara nulo o despido dunha traballadora de Carnota.
- Agosto 2013: O PP de Carnota vén de denunciar o trato discriminatorio cun ex-traballador do concello.
- Agosto 2013: Explicacións económicas e criticas sociais aos 6 despidos de Carnota.
- Agosto 2013: 6 despidos polémicos no Concello de Carnota.