Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xustiza declara nulo o despido dunha traballadora de Carnota

A Xustiza declara nulo o despido dunha traballadora de Carnota
Concello de Carnota

Aínda co tema dos 6 despidos no Concello de Carnota enriba da mesa, a Xustiza aparece no medio da polémica. O Xulgado do Social de Santiago de Compostela vén de declarar nulo o despido dunha traballadora o ano pasado, "por considerar que estivo motivado por razóns políticas e sexistas, xa que en ningún momento se xustificaron debidamente as supostas causas económicas que o motivaron", segundo denuncia un PP carnotán que xa criticara o trato discriminatorio do Concello para cos 6 traballadores recentemente despedidos.

Uns despidos que o propio grupo de goberno xustificaba con razóns económicas, que desta volta non serviron para evitar que a Xustiza dese por nulo este despido.

Deste xeito, a traballadora, que levaba un ano esperando a resposta do Xulgado, poderá reincorporarse o seu traballo mañá,

Pero aínda hai seis empregados máis que foron despedidos en circunstancias moi similares, e algúns tras 20 anos de servizo. Os propios afectados nos contaban como a alcaldía asumía toda a responsabilidade dos despidos, sen máis argumento que a súa palabra, a pesar das constantes alusións ás dificultades orzamentarias do Concello. O PP carnotán califica a actitude do alcalde como "dictatorial".

Por outra banda, o PP tamén quere recordar que a irresponsabilidade do alcalde nacionalista “ímola a pagar todos os veciños”, xa que as costas xudiciais e os recursos que presente agora, “corren a conta do noso peto, non o paga o alcalde co seu soldo”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Carnota.

Comentarios