Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Uns despedimentos moi caros?

Uns despedimentos moi caros?
Concello de Carnota

Foron 7 despidos polémicos realizados no verán de 2013. Sen embargo, as decisións xudiciais e os números non lle poden dar a razón. Arredor de 300.000€ estalles a custar aos veciños de Carnota eses 7 despedimentos, dos que 4 foron declarados nulos e xa están de volta (M.G., D.P., A.S. e R.), mentres os outros 3 foron declarados improcedentes (A.S., J.S. e A.C.) , e o Concello acolleuse ao dereito de non volvelos contratar pero tivo que abonar grandes cantidades en calidade de indemnizacións.

En todo caso, dende o Concello aseguran que, se ben aceptan as decisións xudiciais, varias están recorridas, e se ben 3 xa son resolucións firmes e o prazo de recurso xa expirou. Tamén argumentan que os despedimentos foron “decisións moi difíciles de tomar”, pero que cando chegaron ao Goberno atopáronse cunha débeda moi grande, de preto dos 5 millóns, e a día de hoxe xa ten baixado dos 2 millóns.
Ademais dos motivos económicos, de feito contaban con boa parte das indemnizacións, afirman que outro dos motivos foi a priorización de recursos por departamentos, poñendo o exemplo de teren dous Axentes de Desenvolvemento Local (ADL), algo típico de concellos moito máis grandes, pois iso decidiron despedir a unha delas e non tocar nada o Departamento de Servizos Sociais. En todo caso, hai que dicir que dous dos despedidos eran da devandita área de Desenvolvemento Local.

Un ano de traballo

Como dicimos, o Concello ten que afrontar varios gastos: as indemnizacións aos 3 despedidos de xeito improcedente (arredor dos 105.000€, xa que hai algún que levaba máis de 20 anos traballando); en materia de Seguridade Social (sobre 30.000€), os gastos do tempo que non estiveron traballando; os abogados do Concello e os dos afectados (uns 25.000€); unha auditoría contratada polo Concello (5.000€); as contratacións para cubrir as baixas… e así ata os arredor de 300.000€, que pode medrar pois as multas e os intereses seguen sumando.

Valorando unha media de 2.500€/mes o que lle custa cada un dos 7 traballadores ás arcas municipais, os 300.000€ corresponden arredor dun ano e medio de traballo de todos eles.

4 traballadores de volta

Afirma algún dos despedidos que a volta ao posto de traballo está a ser un “calvario”. “Están como en Guantánamo”, apuntan.
Unha das readmitidas por decisión xudicial, a única que pode ser relacionada co PP, foi a que provocou a imputación de Marisol Piñeiro e José Oreiro, ante o TSXG, por unha suposta contratación a dedo.

3 despedidos definitivamente

Máis de 100.000€ custoulles ao Concello as indemnizacións dos 3 traballadores despedidos improcedentemente, despois de acollerse ao dereito de non readmitilos. O equivalente aproximado a 2 anos de traballo dos mesmos. O máximo recibiu 53.000€ tras 20 anos traballando, mentres o único que pactou co Concello antes de entrar na sala o fixo por 50 días por ano traballado, 5 máis dos que lle corresponderían por convenio. En todo caso, dende o Concello entenden que "máis despilfarro sería facéndose cargos de tantos soldos".

“A min xubiláronme”, cóntanos Alfredo Cambeiro, un dos afectados, que dixiría as Escolas Deportivas dende hai 20 anos. “A min o alcalde díxome o alcalde que era decisión súa, por iso me pregunto onde está a democracia neste Concello”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios