Venres. 19.04.2024
El tiempo

Convocados 6 novos permisos de marisqueo a pé no Pindo e Lira

Convocados 6 novos permisos de marisqueo a pé no Pindo e Lira

A Consellería do Mar convoca 6 novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías de pescadores do Pindo e Lira, en Carnota. Deles 3 son para a do Pindo e os outros 3 para a de Lira. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Máis información

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.
Os interesados poderán consultar as convocatorias, poden mirar aquí:

As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do https://sede.xunta.es" https://sede.xunta.es)formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios