Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte comeza a remover as cinzas do Prestige para axudar a La Palma

  • Falamos cunha familia de O Pindo que se atopa entre os desaloxados.
  • Corme, Malpica e Camariñas, os primeiros puntos onde agroma a solidariedade
Los Llanos baixo o volcan
Foto de Desiree Martin que mestura fotos do 19 e 25 de setembro dende Los Llanos, por onde pasa semanalmente a famiilia de Junquera.
A Costa da Morte comeza a remover as cinzas do Prestige para axudar a La Palma

O volcán de Cumbre Vieja, ou esa marea negra que asolaga o interior da illa da Palma. Moitas similitudes co Prestige, que fan aflorar un sentimento de solidariedade na Costa da Morte. Así acontece xa en lugares como Corme ou Camariñas, onde está comezando a agromar unha avalancha de axuda que lembra a “marea blanca” que vivimos na comarca cando o chapapote invadiu as nosas costas.

Pero daquela “á noitiña tiñan unha casa á que volver e unha familia que os esperaban. Aquí non hai onde volver”. Quen reflexiona así, consciente do grave que foi a catrástrofe do Prestige, é Junquera, unha muller natural do Pindo e residente na illa da Palma que está vivindo un auténtico calvario. Ela e a súa familia están desaloxadas, en casa duns familiares, sen saber cando poderán volver á súa casa.

”Non é fácil falar ou escribir neste momento porque se percibe tristeza, incerteza.... Impotencia ao fin ao cabo vendo desaparecer moitos barrios, aínda que a súa xente grazas a Deus púidose salvar”, explica mentres intenta ademais quitarlle ferro ao asunto cando fala ca súa preocupada familia en Carnota. “A vida detívose para moitos palmeros e palmeras... E entre eles eu, palmera de adopción e de corazón... Pero sempre galega”, cóntanos esperanzada de poder recuperar nalgún momento a normalidade.

Mobilización en Corme

Mentres, parece que as ondas da solidariedade tamén chegan á comarca. Foi precisamente a marea blanca a que fixo reflexionar estes días ao patrón maior de Corme. Non puido parar e necesitou contactar coa Confraría de la Palma para trasladarlle o seu apoio de mariñeiros a mariñeiros. Dende o pósito trasladáronlle ao Cabildo e finalmente Roberto Vidal puido contactar coa Policía Local, coa que xa ten coordinado cales son as necesidades principais a día de hoxe na illa e como pode facerllas chegar.

En apenas unhas horas a vila enteira de Corme está mobilizada, e xa hai voluntarios apuntados, puntos de recollida e xentes implicadas para colaborar. De feito, ademais da Confraría xa están involucradas entidades como o Club de Xubilados, Hermandad Virxen dos Dolores, AVV San Adrián de Corme Aldea, AC Comisión de Festas de Corme, AVV de Corme, Club Náutico Pedra do Roncudo, Asociación para a promoción do Percebe do Roncudo, Corme C.F., A.C. Insua de Viastela, Redeiras Illa da Estrela de Corme e ANPA As Forcadas.

Onte xa mantiveron unha xuntanza das asociacións no salón de actos para organizar a recollida dos seguintes necesidades que teñen máis que ver co día a día: Gafas de protección, Mascarillas, Sábanas, Almohadas, Toallas, Neceseres, cortauñas, cepillos e pasta de dentes, peines..., Gel corporal e champú, Cremas hidratantes, Compresas e tampóns, Toallitas húmedas, Pañales de bebé e adulto, Escobas, fregasuelos, bolsas de basura, lejía..., Fundas de protección para coches, Cunas, carritos de bebé, andadores...
Xa están  varios puntos de recollida por todo o Concello.

Plan Erupciones Volcanicas El Paso Canarias

Dende a Confraría de Malpica

A Confraría de Malpica únese tamén ao Plan de Emerxencias Volcánicas de Canarias e vén de emitir un bando no sinala que vai realizar a poxa (sen comisións) da lonxa de produtos doados polos propios pescadores que irán destinada ás Confrarías dos cabildos afectados, sendo a principal a Confraría de Tazacorte.

O pósito malpicán estarán en contacto con outras confrarías da zona para xestionar máis axudas.

En Camariñas

O Concello de Camariñas anunciou estes días que está contactando co goberno canario para coordinar unha liña de axuda tras a catástrofe de La Palma. A rexedora camariñana, Sandra Insua, manifestará a posibilidade de “abrir unha conta para que cadaquén realice as súas doazóns”, ou, no caso de xa existir, “poder sumarnos e difundila para toda a nosa veciñanza”.

Ollo coas doazóns

Doazons a La Palma

Dende as forzas de seguridade alertan que cómpre ter coidado coas doazóns, e estarmos seguros de que os números de conta nos que estamos ingresando unha doazón é unha fonte oficial.

Piden, por exemplo, que se realicen a través das webs dos cabildos elpaso.eshttps://laislabonita.online/afectados/.

Comentarios