Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde

Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde
Concello de Carnota

Falabamos onte destes tempos de conflitos laborais en Carnota. Onte era o PP o que criticaba que o alcalde carnotán defendese aos traballadores de Stolt despois de ter despedido a 6 traballadores municipais.

Hoxe, son os propios traballadores os que consideran que "Ramón Noceda non está moralmente habilitado para mediar nunha negociación colectiva e mellorar as relacións laborais de ninguén, xa que está a demostrar exactamente o contrario do que propugna cos propios traballadores do Concello de Carnota".

E o afirman "porque é el o 1º que critica a política retrógrada, inxusta e lesiva da reforma laboral imposta deste Madrid, sen embargo é o primeiro Concello en aplicala".

Así e todo, os traballadores afectados queren amosar "a nosa solidarizade cos traballadores de Stolt. Entendemos a súa situación e a necesidade de apoios, desexándolle un bo entendetemento entre as partes, e coa confianza dun satisfactorio desenlace".

Sen equipos de fútbol

O que tamén nos quixo trasladar a súa visión foi Alfredo Cambeiro, un dos traballadores afectados polos despedimentos tras estar moitos anos como técnico municipal. Cambeiro critica que o Concello non abra equipos de fútbol sala nas categorías alevín e benxamín das LCF Costa da Morte. "Como é posible que habendo nenos de sobra non se faga un equipo para competir nestas Ligas Comarcais, que son a coste 0", valora Cambeiro. "Hai pais que xa xogaron comigo nestas Ligas, e agora os seus fillos non poden xogar a fútbol sala. E se sempre falamos de cartos, esto non ten sentido porque estas liga non teñen coste ningún".

Novas relacionadas cos despedimentos

Fonte

  • Comunicado dos traballadores despedidos do Concello de Carnota.

Comentarios