Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O documental carnotán “Vogar” levou un premio no Festival de Cine do Mar de Marín

  • A directora Andrea De la Iglesia Piñeiro: "O feito de que a mensaxe de Vogar, de Primi, chegase ao publico é a maior recompensa que pode haber, que a xente se sinta identificada con ela e que vexan ás suas familias ou a eles mesmos reflexados en Primi é un premio.”
Andrea de La Iglesia no Festival Cine do Mar de Marin-Foto-Jose Luis Garcia Portela
Andrea de La Iglesia no Festival Cine do Mar de Marin-Foto-Jose Luis Garcia Portela
O documental carnotán “Vogar” levou un premio no Festival de Cine do Mar de Marín

Xa o estreara na casa hai uns meses, pero o documental de Andrea de la Iglesia Piñeiro, “Vogar” (Aba Films), feito en Carnota, vai ter moito percorrido. Así o ratificou esta pasada fin de semana levando o Premio do público á mellor obra audiovisual na categoría novos/as creadores/as do I Festival de Cine do Mar de Marín.

Ata Marín desprazouse a carnotá, hoxendía afincada en Madrid desenvolvendo novos proxectos, para recoller a Sardiña de Prata. A de ouro recaeu en “Voltar do mar”, de David Pérez e Rodrigo Martínez, mentres que o Premio do Xurado á mellor obra na categoría dos centros de ensino foi para “Mergullo nas Rías” do CEIP do Carballal.

Premiados no Festival Cine do Mar de Marin-Foto-Jose Luis Garcia Portela
Premiados no Festival Cine do Mar de Marin-Foto-Jose Luis Garcia Portela

”Vogar” está protagonizado polo comprometido mariñeiro Primitivo Pedrosa, e as súas crianzas, Xián e Alexandra. Na curta, Primi lánzalles unha carta á xeración dos seus fillos, na que describe todas as loitas da pesca artesanal actual para que as normativas vaian recollendo as inquedanzas do sector.

”Fun case compañeiro no cole dos seus pais, así que axudar a sacar adiante este proxecto foi unha alegría, e tamén foi unha honra poder ser parte do traballo desta rapaza, que vai ser unha referencia da creación”, sinala fachendoso Pedrosa.

”Todo o equipo de Vogar estamos moi contentos e emocionados con este premio”, cóntanos Andrea. “Eu nacín en Carnota, son neta de mariñeiros e mariscadoras. Dende fai uns anos vivo en Madrid, onde teño a gran sorte de decicarme ao que me gusta, o cine. Estar fora ás veces é duro, e o meu corazón está sempre aquí, na miña Terra. Por iso, sempre que podo fago cine en galego e no meu pobo e recibir un premio en Galicia é algo moi especial para min”, explica.

”Ademais, o premio do público faime especial ilusión, xa que significa que a mensaxe que queríamos trasmitir con Vogar chegou ao corazóns das personas, que ven reflexadas na mensaxe de “Vogar” e en Primitivo ás suas familias e ao seu entorno. Para min, poder transmitir historias tan reais e da vida mesma que emocionen ás personas que as ven e escoitan dalle sentido ao soño daquela nena de 12 anos que soñaba con dirixir cine. Por iso, agradecer ao Festival Cine de Marín e ao público por este premio tan bonito”, relata a artista.

Publico no Festival Cine do Mar de Marin-Foto-Jose Luis Garcia Portela
Gran acollida no Festival Cine do Mar de Marin-Foto-Jose Luis Garcia Portela

Como nace “Vogar”

A carnotá tamén nos debulla como nace este documental. Andrea coñeceu por “casualidade” a Marcos Gallego, produtor de Aba Films e creador da Mostra Internacional de Cine documental Mares da Fin do Mundo. Andrea presentara pouco antes o traballo “Avoas”, e presentouno para a Mostra. Non tivo cabida pola temática do festival, pero ao ano seguinte, Gallego lembrouse de Andrea, “porque vira unha maneira de contar as cousas moi especial en Avoas e lle propuxo dirixir unha curta sobre a pesca artesanal e que tiña en mente unha persona que podía ser un perfil perfecto para un proxecto relacionado co mar. Este perfil era Primi Pedrosa, quen coñece perfectamente o mundo do mar, as problemáticas e é moi activo. “Que razón tiña Marcos”, resalta Andrea co tempo, agradecendo o compromiso e implicación, ademais das boas ideas, de Primi no proxecto.

Primitivo Pedrosa en Vogar
Primitivo Pedrosa nunha captura de Vogar

Rodaron aló polo verán do 2021 con todas as dificultades que supón rodar no mar e saíndo da pandemia. “O primer dia que o intentamos a Vanesa, a operada de cámara, e a min, deunos un mareo e apenas puidemos grabar nada (habia moita néboa). Tivemos que intelo de novo outro dia, un dia de sol radiante pero con moitos menos pulpos. Ainda así, foi toda unha experiencia”, recoñece lembrando aqueles tempos.

Estrearon “Vogar” na cuarta Mostra Internacional de Cine Documental Mares da Fin do mundo ese mismo ano, e fai pouco en Carnota coa xente da Canle de Lira. “Tamén presentamos este ano a curta na primeira edición do Festival Cine Mar de Marin onde nos seleccionaron. E xusto este fin de semana levamos a sorpresa de que eramos os gañadores do premio Sardiña de Prata (premio do público) no festival, polo que estamos super contentos e agradecidos. O feito de que a mensaxe de Vogar, de Primi, chegase ao publico é a maior recompensa que pode haber. Que a xente se sinta identificada con ela e que vexan ás suas familias ou a eles mesmos reflexados en Primi”, apunta Andrea.

VogarCartel do documental ABA Films Vogar

”Vogar” É unha curta documental pero non é un documental ao uso (con entrevistas), se non que está rodado de maneira ficcionada. Na curta vemos a Primitivo realizando unha especie de “viaxe”, que é realmente un día de traballo como mariñeiro. Mentres imos descubrindo o oficio de mariñeiro de pesca artesanal, os fillos de Primi (Xian e Alesandra), emprenden unha viaxe de maneira paralela ao seu pai a través de unha carta que lle deixa Primi, onde van realizando este recorrido no que o seu pai lles realata as preocupación do seu oficio, os problemas ao que se enfrentas as artes tradicionales de pesca, a importancia da sostenibilidade e convervación do medio mariño….
A través de esta carta os rapaces, que representan as novas xeneracións e o futuro, vanse achegando cada vez mais ao seu pai, a esta problemática, ata que xa no final, se acaban de algunha maneira atopando.

 

Mostra Mares da Fin do Mundo

Mentres, continúa tamén a singradura do Festival de Cine Mares da Fin do Mundo, o festival coordinado por Marcos Gallego que nacía en Carnota en 2018, pero ten que andar percorrendo o país para seguir espallando o cine vinculado á nosa cultura mariñeira.

Este ano, está aberto aínda o prazo para a VII edición, que se vai celebrar en Ribeira, ata o 1 de agosto, para presentar propostas. Non cabe dúbida que o traballo de Andrea será proxectado e moi comentado.

Onte Carnota tivo un protagonismo moi especial no Festival Cine do Mar celebrado en Marín. A curta-documental "Vogar" dirixida por Andrea De La Iglesia Piñeiro e protagonizada por Primi Pedrosa e familia, conqueriron o Moitos parabéns para eles!!! e a Marcos Gallego pola aposta tan forte con Mares Da Fin Do Mundo.

Novas https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carnota/andrea-iglesia-estreouse-casa/20230319183249144215.html https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carnota/primi-pedrosa-bruxelas-temos-sensacion-que-realizando-aparheid-coa-pesca-artesanal/20230921100507148755.html https://www.quepasanacosta.gal/articulo/muros/relevo-xeracional-mar-muros-nefastas-politicas-pesqueiras-incerteza-laboral-acaban-nos/20210202090825124724.html

Comentarios