Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Dous bañistas en apuros foron rescatados na praia Boca do Río en Carnota

Dous bañistas en apuros foron rescatados na praia Boca do Río en Carnota
O Helicoptero rescatou a un dos dous bainas en apuros-Foto-Dario Gomez

Momentos de moita tensión vivíronse na tarde de onte na praia de Boca do Río, Carnota. Aínda sen socorristas nos areais, cada accidente pode convertirse en traxedia. Non foi así onte, pero gracias á rapidez dos efectivos de salvamento.

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas con síntomas de hipotermia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee tras ser rescatadas polos servizos de emerxencia cando se atopaban en apuros na praia Boca do Río de Carnota.

O helicóptero Pesca I do Servizo Gardacostas de Galicia encargouse da evacuación dun dos bañistas, mentres que o outro foi rescatado por unha embarcación de Salvamento Marítimo, quen puxo en marcha o operativo de rescate.

Segundo relataron os particulares que chamaron ao 112 Galicia, catro persoas persoas pedían auxilio cando se bañaban a uns 300 metros da costa, aproximadamente. Por fortuna, as outras dúas persoas puideron saír polos seus propios medios e non precisaron asistencia sanitaria. O CAE 112 Galicia rexistrou a alerta ao fío das 16:45 horas desta tarde e, de seguido, informou a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Protección Civil de Carnota, Cee e Fisterra, GES de Muros, Urxencias Médicas, Policía Local de Carnota e Garda Civil.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios