domingo. 10.11.2024
El tiempo

Creus e Carrasco reciben un novo premio a nivel europeo pola reurbanización do peirao do Porto do Son

Juan Creus nos Premios
Creus e Carrasco reciben un novo premio a nivel europeo pola reurbanización do peirao do Porto do Son

Volven demostrar a calidade que temos na comarca en materia de arquitectura. Juan Creus e Covadonga Carrasco, o estudo Creus e Carrasco, veñen de gañar o Premio Europeo del Espacio Público Urbano 2024, na categoría de Frontes Marítimas. Un premio concedido pola fermosa Reurbanización do bordo do peirao de Porto do Son.

O proxecto foi escollido entre as 297 propostas de 35 países europeos que se presentaban a esta convocatoria, que celebra a súa 12ª edición, do Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB).

O xurado considerou que o proxecto une a cidade e o mar dunha maneira moito máis natural. Valorase positivamente a decisión atrevida e mesmo radical do proxecto de preservar a antiga muralla que protexe a cidade dun mar especialmente bravo, colocando as novas instalacións na parte traseira. Estas novas instalacións aportarán nova vida urbana a un espazo que antes estaba reservado exclusivamente para as instalacións portuarias.

Reurbanizacion do Porto do Son por Creus e Carrasco
Imaxe da reurbanización do Porto do Son por Creus e Carrasco- Foto: Luís Díaz Díaz
Premiada Reurbanizacion do Porto do Son por Creus e Carrasco
Imaxe da reurbanización do Porto do Son por Creus e Carrasco. Foto: Luís Díaz Díaz

Novas relacionadas

Comentarios