Emilio Calo Rama sumou o seu 5º Record Guinness co bocata de xamón máis longo e solidario do mundo
13:02 30/09/19
Cada vez que hai un “sarao” en clave de record guinnes, todos acoden a Emilio Calo Rama. O cortador de xamón carnotán volveu sumar un novo “Record Guinnes” ao seu palmarés, e xa son 5 os conseguidos nos últimos anos.
Desta volta, foi un dos 50 cortadores que acodiron a Fuerteventura, para preparar o bocadillo de xamón máis longo do mundo. Da man do colectivo “Cortadores solidarios”, do que Emilio forma parte, crearon un bocada de mái sde 1 km de lonxitude (1002 metros), superando os 961 que se marcaran en Lebrija, Sevilla.
A cita era un acto solidario, pois o recadado pola venta dos bocatas vai en beneficio de Asomasamen (Asociación Majorera da saúde mental).
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 2018: Emilio Calo rompe dous novos récord guinnes de xamón solidario.
- Maio 2018: O cortador carnotán Emilio Calo participa no novo Récord Guiness do prato máis grande de cecina.
- Outubro 2016: Emilio Calo volve competir contra a nova fornada de cortadores de xamón.
- Xuño 2016: En Carnota tamén se corta, de dez, xamón.