Emilio Calo rompe dous novos récord guinnes de xamón solidario
13:20 10/10/18
Emilio Calo foi un dos 4 cortadores galegos na cita de Torrijos
Segue este carnotán batendo récord Guiness. En participaba na consecución do prato máis grande de cecina e esta pasada fin de semana foi un dos 205 cortadores de toda a península que romperon dúas novas marcas mundiais: precisamente o número de cortadores nunha soa batida, e a cantidade de quilos cortados: 640,718 kg (300 máis que a anterior marca).
Emilio Calo segue moi pendente destas singulares iniciativas arredor do xamón e sempre que hai lío os organizadores contan con el. Esta cita, celebrada en Torrijos, Toledo, tiña ademais un fin solidario, para recadar cartos para a Asociación Torrijana de Esclerosis Múltiple.
Un pracer ver un cortador da Costa da Morte no libro dos guinnes.