Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un estudo para evitar as verteduras directas das vivendas de Gándara e Lariño na praia de Lariño

Praia de Larino-Foto-Oscar leis
A praia de Lariño nunha foto de Óscar Leis
Un estudo para evitar as verteduras directas das vivendas de Gándara e Lariño na praia de Lariño

Pasiño curto para mellorar o sistema de saneamento da parroquia de San Martiño de Lariño, no concello de Carnota. A Xunta vén de adxudicar, por 17.500€, a redacción dun estudo de alternativas para acometer as obras. A empresa Aguilar del Moral Arquitectura e Ingenieria SLP ten agora 6 meses para redactar un proxecto que atenda ás necesidades no saneamento das vivendas dos núcleos da Gándara e Lariño, cuxas augas residuais vértense directamente aos regatos Feales e Lariño, que desembocan na praia de Lariño.

Esta vivendas dispoñen de redes de saneamento separativo conectadas a unha rede xeral unitaria que discorre polas marxes da estrada AC-550 e que recollen tamén as augas pluviais de escorrentía superficial da propia vía por medio de sumidoiros de borde, e que verten sen tratamento as súas augas directamente aos leitos dos regatos Feales e Lariño.

Carnota conta cunha estación de depuración de augas residuais que recibe e trata as verteduras de augas residuais urbanas do 80% da poboación residente estable.

Por fases

Augas de Galicia ten redactado o proxecto construtivo da 1ª fase de saneamento en Lariño na que se inclúe unha nova rede de saneamento que recollerá as augas residuais dos núcleos da Gándara e Lariño, para conducilas cara á unha nova estación de bombeo e de aí á depuradora actual de Carnota mediante unha nova tubaxe de impulsión.

Deste xeiro, os traballos realizaranse por fases: Primeiro realizarán unha valoración identificando os problemas. Segundo, farase unha prognose da situación a futuro, co fin de que as alternativas que se analicen teñan en conta tanto a situación actual como escenarios futuros.
A partir de aí formularanse 3 propostas, unhas utilizando a actual depuradora e garantindo o seu bo funcionamento, e outras con novos trazados da rede de saneamento e novas instalacións. Despois escollerase o proceso ideal.

Comentarios