Falecen as dúas vítimas do incendio provocado pola deflagración dunha rozadora en Lira
10:31 20/09/23
Crúas consecuencias do incendio acontecido o pasado luns en Lira, provocado pola deflagración por gasolina mentres manipulaban unha rozadora. As dúas vítimas eran trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira, pero debido á gravidade das lesións que presentaban acabaron ingresando na unidade de queimados do CHUAC, onde faleceron.