Falecen dous irmáns de Carnota nun accidente de tráfico

20:31 11/06/18

Consternación![]()
O tráxico suceso espallouse de inmediato pola zona causando unha profunda consternación entre a veciñanza. Un dos primeiros en demostrar as súas condolencias a través das redes sociais foi o Unión Club de Cee, equipo no que xogou Isma - un dos irmáns falecidos -, con esta imaxe.
"A Páxina Roxiña", a rede social do Lira CF, equipo no que xogaba o rapaz actualmente, tamén amosaba a súa consternación: "Hoxe a desgracia e a tragedia volven a golpearnos da forma máis cruel e dolorosa posible, nun accidente de tráfico o noso xogador Isma Sanli e a súa irmán perderon a vida. Non hai palabras que valan de acougo. Ata sempre roxiños."
Tamén mostrou o sue pesar a xunta directiva da Real Federación Galega de Fútbol quen, a través do seu presidente - Rafael Louzán - mostrou o seu profundo pesar polo suceso. "Esta tarde quedamos practicamente sen palabras ao coñecer unha tráxica noticia que nos deixa sen dous xóvenes de Carnota, un deles dianteiro do Lira Club de Fútbol. Ismael, un rapaz de 20 de anos, e a súa irmá, de 15, faleceron nun desastroso accidente de tráfico sucedido na propia vila de Carnota", reza no comunicado de prensa enviado esta mesma tarde..
A Escola de Música de Carnota, da era alumna a pequena falecida (que cursaba os seus estudos no IES de Carnota), tamén se sumou as condolencias a través das redes sociais: "Todo o pobo de Carnota, toda a rapazada, e nós, toda a Escola, che recordaremos co teu sorriso. DEP pequena, ti e teu irmán. E todo o noso cariño para a familia e amigos, especialmente na nosa mente, súa nai e seu pai!!!!"
Accidentes 2018
- Dous feridos tras sufrir un accidente en Carballo
- Aparatoso accidente en cadea en Laxe
- 21-02-18: Falece un home en Agualada tras quedar atrapado no seu tractor.
- 09-02-18: Falece un home de Borneiro tras volcar o seu tractor.
- 04-02-18: Excarcelado un condutor tras volcar nun accidente en Mazaricos.
- 28-01-18: Domingo de accidentes.
- 22-01-18: Falece unha señora 3 días despois do accidente de Berdeogas.
- 19-01-18: Catro feridos tras un forte accidente en Dumbría.
- 12-01-18: Un ferido nun accidente de tráfico en Muxía
- A noite de Reis deixou un accidente en Carnota
- Redaccción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112