Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Festórreo de Lira convírtese no Cabaseira Fest

Festorreo ou Cabaseira Fest de Lira-Carnota-Agosto 2019
Festorreo ou Cabaseira Fest de Lira-Carnota-Agosto 2019
O Festórreo de Lira convírtese no Cabaseira Fest

Este sábado 3 de agosto, o Festórreo de Lira convertiráse no auténtico Cabaseira Fest. A brava xente da A.C. Canle, despois de participar activamente na homenaxe aos 40 anos do Lira CF,,  prepara toda unha cita na que o humor sempre é protagonista. Os Miguel de Lira, Fede Pérez e compañía, farán unha divertida parodia dos festivais que tanto triunfan hoxendía polo país.

Pero a realidade é que contan cun cartel que envexarían moitos festivais, pois Luar na Lubre e Astarot son dúas bandas ben recoñecidas. 

Non faltarán as famosas Canle Nius, esa sesión informativa en clave de humor, amenizada polas empanadas de millo e as Cantareiras Nunca é tarde.

Novas relacionadas

Comentarios