Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A gastronomía será a convidada especial da nova Mostra de Promoción Local de Carnota Víndemo Ver

A gastronomía será a convidada especial da nova Mostra de Promoción Local de Carnota Víndemo Ver

Semana Santa e chega unha nova edición, a 8ª da Mostra de Promoción Local de Carnota Víndemo Ver (entre o 18 e o 21 de abril), o evento que reivindica e ensina en 4 días a artesanía, produto de horta, de proximidade e gastronomía.

Serán 4 días de actividades culturais, lúdicas e deportivas para todas as idades. Este ano collen máis protagonismo as citas gastronómicas, pois xunto as carpas habituais de artesanía e de proximidade este ano haberá outra carpa onde haberá demostracións cos cociñeiros e chefs de nomeados restaurantes de Carnota e da Ría da Estrela (Muros-Noia).

Ademais, a programación inclúe obradoiros abertos ao carón da carpa de artesanía, actuacións de grupos tradicionais e concertos: o venres de Andeluán na Casa da Xesteira e o sábado a partir das 21h diante do Concello de Adhara & Ritman e Sés.

Outras actividades

As actividades deportivas son un dos eixos fundamentais da programación paralela: este ano coa VIII ed. da Ruta BTT de Carnota (18 de abril), a II Andaina Víndemo Ver, nesta ocasión ofrecendo o percorrido pola Senda Azul (sábado 20 de abril) e a VIIed. da Trail Viquinga do Concello de Carnota.
Para formalizar a inscrición de calquera destas probas, cómpre acceder online, ben dende a web do Concello (www.carnota.gal) ou directamente na plataforma de Galitiming.

Tamén é necesaria a incrición previa para o programa “Coñece Carnota”, unha actividade en dúas xornadas para rapaces e rapazas de 6 a 14 anos, na que coñecerán o patrimonio cultural do concello incidindo nos testemuños e tradición oral dos nosos maiores.

Programa

Novas relacionadas

Comentarios