Dous novos barcos ás pedras de Santa Isabel
14:23 09/12/25
Pasou forte esta noite o temporal pola comarca, deixando os refachos de vento máis fortes de toda Galicia: 150,6 km/h rexistrados ás 6:50h na estación da Gándara (Vimianzo) e 118 en Lira, Carnota.
Un temporal que tamén viña con alerta laranxa no mar, que volveu provocar que dous novos barcos da enseada de Corcubión, acabasen no pequeno areal de Santa Isabel.
Mentres o proxecto do porto mixto segue avanzando moi paseniño (o informe de impacto ambiental está en exposición pública), os sucesos seguen acontecendo na batida ría corcubionesa.
Sucesos no peirao
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Novembro 2022: Outro barco de Corcubión acaba nas pedras.
- Outubro 2019: Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel.
- Xuño 2019: A #BorrascaMiguel mandou unha lancha ás pedras de Santa Isabel.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- 2016: Afunde unha embarcación no porto de Corcubión.
- 2011: Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.
Histórico do proxecto do porto mixto
- Novembro 25: Publicado e posto a información pública o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión.
- Setembro 2025: Poucas novidades sobre o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión
- Xuño 2025: A Plataforma veciñal unha reunión co presidente de Portos para analizar como está o proxecto do porto mixto de Corcubión.
- Outubro 2024: O PP recoñece no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras" do porto mixto de Corcubión.
- Maio 24: O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión.
- Novembro 2023: O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto.
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Marzo 23: Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión.
- Febreiro 23: Portos pon un horizonte de 4 anos para que o porto mixto de Corcubión poida ser unha realidade
- Xaneiro 23: Volven pedir a recuperación do práctico e o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 22: A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”.
- Decembro 22: A Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non” acentúa a súa loita polo porto mixto de Corcubión.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 20: A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión.
- Xullo 2020: A Xunta expón un estudo con distintas alternativas para mellorar o abrigo no peirao de Corcubión.
- Setembro 2019: Corcubión espera a aprobación do porto mixto.
- 2017: O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión.
- 2018: “O sector náutico aínda ten moito que crecer na Costa da Morte”.
- 2011: O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno.