Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Lejarreta, Sastre, Gómez Noya e Iván Raña, primeiras espadas do #GranFondoÉzaro2018

Lejarreta, Sastre, Gómez Noya e Iván Raña, primeiras espadas do #GranFondoÉzaro2018
David Amor e Terio Carrera durante a presentación oficial do Gran Fondo Ezaro 2018 no Hostal dos Reis Catolicos David Amor e Terio Carrera durante a presentación oficial do Gran Fondo Ezaro 2018 no Hostal dos Reis Catolicos

Xa está en marcha o Gran Fondo Ézaro 2018. O 8 de xullo de 2018 "O Muro Agarda", e a Costa da Morte volverá situarse no centro da actualidade deportiva internacional coa celebración desta proba que volverá recibir 1.200 corredores de todo o planeta, unha vez que é a primera edición UCI World Series e única en España). Mañá, 1 de marzo, ábrese o prazo de inscrición, polo que xa podedes ir reservando praza.

Esta mañá de 28 de febreiro tivo a presentación oficial da proba no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Foi, coma sempre, Terio Carrera, a voz encargada de presentar o evento.

Unha das cousas máis intresantes é saber quen son os deportistas invitados. E os nomes dan conta do potencial deste evento:

  • O dorsal 1 será Marino Lejarreta.
  • O dorsal 2 será o ciclista profesional galego Gustavo César Veloso.
  • O dorsal 3 será o o ciclista profesional galego Álex Márquez.
  • O dorsal 500 será Iván Raña.
  • O dorsal 1000 será Javi Gómez Noya.
  • O dorsal 1500 será Carlos Sastre que hai 10 anos quedaba gañador do Tour de Francia.

Non faltarán personalidades coo David Amor, que estivo na presentación, X.A. Touriñán e Fede Pérez Rey (que fieron un novo vídeo para escachar ca risa) ou Fran Hermida.

A proba volverá ter no Ézaro (Dumbría) o seu epicentro, con esas rampas do 30% do Formigón como gran reclamo, pero a proba tamén pasará por Muxía, Muros, Cee, Carnota e Mazaricos. Ezequiel Mosquera, organizador da proba, quixo agradecer a colaboración de todas as entidades que fan posible o evento.

https://www.facebook.com/granfondoezaro/videos/1997040966990954/?t=1508

Novas relacionadas

Máis novas

 

Fonte

comentarios