Martes. 23.04.2024
El tiempo

Lira si celebrará os Remedios Vellos

Remedios Vellos de Lira
Este ano non haberá procesións
Lira si celebrará os Remedios Vellos

Non será o mesmo, pero a veciñanza de Lira non quere seguir perdendo as súas festas. Xa pasaron 7 semanas dende que deberían terse celebrado os Remedios Novos, e nesta fase de desescalada queren, polo menos, celebrar os actos relixiosos.

Así, este martes 2 de xuño teran lugar no santuario da Nosa Señora dos Remedios a celebración, moito máis modesta, na honra a dita imaxe. Haberá 3 misas rezadas durante toda a maña, a primeira as 9.30, 10.30 e 11.30 e a solemne as 12. 30 da tarde, (esta ultima sera retrasmitida en directo na Páxina de Facebook da “Festa dos Remedios de Lira”) na que se levarán a cabo medidas de seguridade polos voluntarios, como uso obligatorio de mascarillas, desinfeccions de mans con xeles, as entradas e saidas de maneira controlada etc.

Así mesmo para a ocasión instalarase no exterior un equipo de megafonía para que a xente que quede no exterior do adro poda escoitar a eucaristía.

Comentarios