Máis de 20 produtores locais serán os protagonistas da Mostra Víndemo Ver


Unha das citas da Semana Santa costeira (mañá mércores toca repaso completo) desenvolverase en Carnota, ca III Mostra Víndemo Ver. Unha mostra que mestura un pouco de todo, artesanía, agricultura, festa… pero sobre todo, unha mostra que nace para promocionar o produto local, o produto da casa.
E bo exemplo será a ampliación da Feira de Alimentación Ecolóxica Galega, na que estarán xentes de todo o país, entre eles os os bravos da Cooperativa Raínha Lupa, de Quilmas, que están preparando a carpa para unha marea de compañeiros que chegarán de todo o país.
O horario da Feira, na Praza de San Gregorio, será de 11:00h a 15:00h e de 17:00h a 21:00h o xoves, venres e sábado. E haberá máis de 20 postos con produtores locais, de horta, plantas menciñeiras en maceta e deshidratadas, lácteos, embutidos, cafés, azúcares e outros alimentos de comercio xusto, carne de vacún de razas autóctonas galegas, produtos das colmeas, cosmética natural, terapias alternativas, fariñas e pan, etc...
Ademais, son varias as actividades que traerá a xente máis comprometida co territorio, que obrigaron a aumentar o programa que xa inclúe a II Carreira Viquinga, o Open de Pesca e a III Ruta BTT.
O sábado 19 de abril, ás 19:00h no Salón dew Actos do Concello teremos unha Charla coloquio coa xente da A Eira da Xoana sobre terra e cultura, con Adela Figueroa Panisse (escritora e membro de ADEGA). De seguido, Recital poético con Iolanda Rodríguez Aldrei (Poeta).
Os protagonistas
- A Lacena do Ulla- Horta e apicultura ecolóxicas, ovos e cestos de palla- Catoira.
- Cesteiro de Rois- Artesán cesteiro que usa diversos materias vexetais silvestres- Rois.
- Milhulloa- Herbas menciñeiras e aromáticas deshidratadas, grelos deshidrat e especias ecolóxicas- Palas de Reis.
- Herbas do Caaveiro- Plantas aromáticas ecolóxicas en maceta- San Sadurniño.
- Leite crú “O Alle”- Explotación gandeira ecolóxica única na Galiza que comercializa leite crú de vaca e queixos- Lalín.
- Miguel e Lídia- Explotación labrega de hortalizas e mel eco- Vedra. Equisol- Comercio Xusto- Compostela.
- A Horta de Dolores- Hortalizas, froitas e conservas ecolóxicas, reposteiría caseira (rosquillas e magdalenas de laranxa)- Teo.
- Hortasan- Explotación de tradición familiar de cultivo de hortalizas e froitos naturais. Vedra.
- Belén e Xulio- Reposteriía artesá ecolóxica- A Coruña.
- Lentura- Asociación de labregos da Comarca da Mahía- Ames, Rois, Compostela, Teo, Dodro...
- Don Gabino- Queixería artesá da D.O San Simón Dacosta- Vilalva.
- Asuntos Imaxinarios- Artesáns de accesorios realizados con todo tipo de metaias- Compostela.
- Laura Romero- artesá do coiro, marroquineira- Cee.
- La Huerta de la Almuzara- Agricultura ecológica y biodinámica- Betanzos.
- Sanakura- Cosmética natural e terapias alternativas, materias primas para a elaboración de cremas- Lugo.
- Galeguesa- Hamburguesas naturais elaboradas con carne de vacún de razas autóctonas galegas- Celanova.
- Aldea de Barrio- Embutidos de producción caseira- Sobrado Dos Monxes As Abellas as Nosas Aliadas- Produtos e derivados da colmea- O Courel. Xixirín- Pan Ecolóxico- Arzúa.
- Presentación, demonstración e cursiños da "Integración Funcional" con Petra Hofmann.
- Raínha Lupa- Hortalizas froitos e cereais e mel- Carnota.
Novas relacionada
- Carnota abre as portas por Semana Santa ca III Mostra Víndemo Ver.
- Carnota pensa na II Carreira Viquinga, o Open de Pesca e a III Ruta BTT para a Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).