Luns. 06.12.2021
El tiempo

Marisol Piñeiro confirma o prazo de execución do Parador, da Autovía e do Porto de Sardiñeiro

Marisol Piñeiro confirma o prazo de execución do Parador, da Autovía e do Porto de Sardiñeiro

A deputada carnotá do PP sae hoxe á voz pública ante as críticas de PSOE e BNG sobre as parálises das obras da Autovía ou do Parador. Piñeiro confirma que ambas obras, como a do Porto de Sardiñeiro, realizaranse en prazo.

Piñeiro vai máis alá e "equipara esta obra coa autovía da Costa da Morte e o Parador de Muxía: foron deseñadas e iniciadas por gobernos do PP, paralizadas por gobernos socialistas ou bipartitos, e retomadas de novo e executadas por gobernos populares en Madrid e na Xunta".

No caso da autovía da Costa da Morte, Marisol Piñeiro recordou que "a Xunta adxudicou e está executando esta obra nos prazos previstos e lamentou que os deputados da oposición dedícanse a sementar dúbidas sobre paralizacións inexistentes e divulgar rumores interesados sobre peaxes imaxinarias, cando a realidade é que puideron facerse a foto nun trazado real dunha obra en execución”.

En canto ao Parador de Muxía, afirma que "tamén será un goberno do PP o que execute esta obra, tal e como xa indicou o mércores o presidente da SEPI no Congreso ao anunciar que se solicitará un crédito ao ICO para a súa construción”.

Marisol Piñeiro sinalou ademais que o novo porto do Sardiñeiro “é unha infraestrutura ambiciosa que contribuirá de gran maneira ao reforzo do sector da pesca e do marisqueo na Costa da Morte”. O investimento realizado nesta obra ascende a 1,2 millóns de euros e a súa execución enmárcase dentro dos prazos previstos, a pesar da adversidade meteorolóxica con temporais que dificultaron en varios momentos a súa execución.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP.

comentarios