O Mercadillo “Regalamos todo” volve a Carnota

07:35 12/03/25
Impresionante o que fan Sven e Alicia para fomentar a reciclaxe na nosa comarca. Desta volta, a través do Colectivo Carnota volven converter o Pavillón do IES Lamas de Castelo nun mercadillo. Pero nun mercadillo onde todo é de balde, onde podes achegarse a darlle unha nova vida a centos de pezas de roupa, xogos, libros, utensilios…
Uns mercadillos que teñen un principal foco medioambiental (fomentar a reciclaxe e evitar o consumo exacerbado do textil, un dos sectores máis contaminantes do planeta) pero que tamén están enfocados de xeito social, par servir de punto de encontro para recoller, regalar, trocar, conversar…