Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un mestre carnotán, partícipe dunha das "mellores BSO da historia do cine"

Castor Montes tocando con Bueno Chico
Un mestre carnotán, partícipe dunha das "mellores BSO da historia do cine"

Con sorpresa e alegría recibe Galicia o nomeamento por parte dunha web internacional como “A Closer Listen” de termos unha das mellores melodías das bandas sonoras da historia do cine.

Trátase da banda sonora de Vilamor, aquela peli de hippies galegos, na que paticiparon varios actores da nosa comarca que levou premios dende Fisterra ata New York.

A BSO, feita por Zeltia Montes, foi incluída pola web especializada na lista das 10 mellores “Soundtracks of All Time”, de todos os tempos.

E nesa gravación temos un carnotán. Castor Montes Quintiñán, natural dO Saviñao, pero fillo adoptivo de Carnota tras 20 anos como profe da Escola de Música, foi que gravou as guitarras da banda sonora, e faise “un oco na historia entre Cañita Brava e Paco de Lucía”, bromea.

Este comprometido mestre, que atende 100 alumn@s á semana, (nenos e adultos, de Lires a Outes), e que valora infinitamente a calidade da ensinanza da ESMU, acolle a nova "con alegría e sorpresa", de verse aí entre o "Amelie" de Ian Tiersen, o “Once Upon a Time in teh West” de Morricone ou o Drowning By Numbers de Micheal Nyman.

Castor é curmán de Zeltia Montes, a creadora da melodía e lembra como en menos dunha semana tivo que aprender os temas e gravar as guitarras para toda a banda sonora en apenas dúas mañás. “Foi una experiencia boísima para min. Pasáronme as cousas moi rápidas, e había que estar superconcentrado”, pero lembra con moito cariño aquelas apuradas xornadas nos estudios Man da Coruña.

Mentres, continúa dando clase e escribindo música. Co grupo Bueno Chico de xeito paralelo, ten gañas de sacar algo de tempo e poñerse a gravar, pero recoñece que a día de hoxe é complicado xuntar a xente.

”A pandemia afectou moitísimo, sobre todo na mocidade, a formar grupos. Agora xente prefiren estar na casa e subilo ao youtube, máis que compartir música cos colegas”, reflexiona mentres rescata os vellos vinilos do faiado.

Novas relacionadas

Comentarios