Vilamor: De New York a fin do mundo con dous premios


Directa, case sen pasar por casa, a película de produción galega Vilamor pasará de presentarse no New York City Internacional Film Festival a proxectarse en varios concellos da Costa da Morte. Se xa estivo en Cee e mais e Muros, esta semana ten triple cita: Corme, Zas e Fisterra, onde a actriz loca Marta Ríos fará de anfitriona.
Dous premios
E chega coa vitola de recibir 2 premios no NYCIFF: Mellor Banda Sonora (Zeltia Montes) e Mellor Fotografía (Alberto Díaz "Bertitxi").
"A banda sonora de Vilamor supuxo para min un auténtico desafío e este premio confirma que a orixinalidade e a creatividade aínda teñen espacio nas bandas sonoras actuais e que é a través de propostas arriscadas e innovadoras como se pode conectar de novo coa alma do espectador e facerlle vivir unha experiencia única no cine", apuntou Zeltia.
No tocante á fotografía, "este premio serve como recoñecemento ao papel da fotografía como elemento fundamental para que a historia de Vilamor emocione", comenta o director de fotografía Alberto Díaz "Bertitxi" para o cal, despois de Pradolongo, esta é a segunda longametraxe onde traballa baixo a direción de Ignacio Vilar.
Con este prometedor tandem, a produtora de Vilamor, Vía Láctea Filmes, confía en que estes galardóns favorezan a distribución de Vilamor en Estados Unidos e, por ende, contribúan a facer chegar a nosa historia, a nosa lingua, a nosa paisaxe, a nosa gastronomía e a nosa música aos espectadores ao outro lado do Atlántico.
Proxeccións de Vilamor na Costa da Morte
- Corme: mércores 22 de agosto ás 22:00h na Praza da Ribeira.
- Zas: venres 24 de agosto ás 22:00h na Praza do Concello.
- Fisterra: domingo 26 de agosto ás 22:00h na Explanada do Peirao.
O trailer
Máis información
Novas relacionadas
- Cee, Muros, Zas, Corme e Fisterra proxectarán o filme galego Vilamor.
- A caravana Vilamor chega a Cee con actores da Costa.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
- As entrevistas do GDR: César Cambeiro.
- Corcubión, Corme e Carballo recuperan as vellas salas de cine.
- A Feira do Libro e a Mostra de Teatro, puntos fortes do programa de verán de Cee.
- Da Galicia de Fisterra á Galicjia dos Cárpatos pasando por Baio.
- Un premio MAX para os Pelos na Ligua de Talía Teatro.
- Premos María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
- Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural.
- Soñando no mar da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).