Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Moito máis ca unha exposición de pintura

Moito máis ca unha exposición de pintura
A salon de actos do concello de Carnota acolle a exposicion O artista que aprendeu a voar sen as de Lois Agulleiro Leston O salón de actos do concello de Carnota acolle a exposición "O artista que aprendeu a voar sen ás" de Lois Agulleiro Lestón O salón de actos do concello de Carnota viviu onte un día moi especial. Aquí tivo lugar a presentación da exposición pictórica “O artista que aprendeu a voar sen ás”, de Lois Agulleiro Lestón. Esta mostra é froito dun programa de estimulación multisensorial para un neno con necesidades específicas de apoio educativo, que se desenvolve no CEIP de Carnota dende hai uns anos. “É un gran compañeiro, único e especial, que non pode falar con nós. É diferente e exprésase con xestos e sons, pero tamén cunha pintura creativa, abstracta e única”, din os compañeiros e as compañeiras de Lois Agulleiro. Os companeiros e companeiras de Lois Agulleiro Leston presentaron a mostra pictorica Os compañeiros e compañeiras de Lois Agulleiro Lestón presentaron a mostra pictórica A exposición presentouna o alumnado de 6º curso de educación primaria do CEIP de Carnota, compañeiras e compañeiros de Lois, que participaron tamén activamente na súa preparación, desempeñando labores de crítica e interpretación dalgunhas das obras expostas e escollendo os títulos dos cadros e do propio proxecto. A mostra, que dá a coñecer as posibilidades da pintura como medio de integración social e identidade persoal, permanecerá aberta ao público ata o 5 de xullo, de luns a venres, en horario de 8 a 14 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios