venres. 08.11.2024
El tiempo

Moncho Noceda será o candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Moncho Noceda será o candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Movementos ns grupos políticos de cara ás vindeiras eleccións municipais de maio. Un cambio atopámolo en Carnota, onde a militancia do BNG decidiu o pasado sábado que Ramón Noceda Caamaño (Lariño, 1954) sexa o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota.

A decisión adoptouse durante a última Asemblea Local que rexistrou a participación do 85% da militancia, e que tamén serviu para nomear as persoas que completarán os postos de saída da candidatura nacionalista nas vindeiras Eleccións Municipais, e que estará caracterizada pola profunda renovación, pola importantísima presenza de mulleres e por verse nela representadas todas as parroquias do municipio.

"Traballamos", adianta Ramón Noceda, "para presentarlle á veciñanza un equipo ilusionante, formado por persoas moi válidas e tamén moi coñecidas e queridas polos seus veciños, que deben ser quen de sacar o concello de Carnota adiante".

 


A respecto da actual situación en Carnota, afirma que "A crise fainos dano, pero non máis que a calquera concello da redonda; en cambio nós temos máis débeda, máis emigración e máis destrución de emprego e servizos. Fronte a esta actitude, cremos que o BNG é a única forza con capacidade para reconducir esta situación".

 
 


Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios