Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo revive a Barreiro Barral

Placa para Barreiro Barral no Pindo
Destapando a placa para Barreiro Barral na que foi a súa casa do Pindo
O Monte Pindo revive a Barreiro Barral

Fermoso acto o que se viviu esta fin de semana na Confraría do Pindo. A Asociación Monte Pindo Parque Natural recuperaba a actividade socio-cultural cunha homenaxe a José Barreiro Barral, un dos primeiros autores que afondou e describiu o Olimpo Celta.

Medio centenar de persoas, incluída boa parte da familia, disfrutou dunha xornada completa chea de patrimonio no que a mellor nova é o acordo entre a entidade e os herdeiros de Barreiro Barral para publicar por fin (e en galego) a obra magna de Barreiro: “·Montes do Pindo, Olimpo Celta e deserto de pedra”. Unha reedición que chegará 35 anos despois da súa primeira edición, un tesouro moi difícil de atopar, como explicou o presidente da Asociación, Xil Caamaño.

Antes desa nova, o acto foi presentado por Merche Díaz, secretaria do pósito, e comezaba coa música dos Bieito Romero (pai e fillo).

De contado o divulgador, xornalista, profesor e director do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago fixo unha viaxe polos aspectos máis coñecidos de Barreiro Barral.

Foi xusto despois cando a homenaxe se trasladou ao porto pindexo, xusto na que foi a casa de Barreiro Barral durante máis de 40 anos, recentemente rehabilitada. Chisco Fernández Naval, poeta ourensán afincado en Lira, deu un recital, antes de que a propia filla de Barreiro Barral, María Esther, pechase o acto cunhas emotivas palabras contando que o seu pai, antes de morrer, pedira ser enterrado no Monte Pindo. A familia tivo que falar co cura para conseguir un espazo no cemiterio do Pindo, ás faldas do monte, onde repousa.

Acto do Monte Pindo Parque Natural por Barreiro Barral
Os Romero, Merche Díaz Mallán, Chisco Lema, Manuel Gago, Xilberto Caamaño e Esther

Novas relacionadas

Comentarios