Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo salda a súa débeda con Barreiro Barral

Cartel+Homenaxe+a+Barreiro+Barral
O Monte Pindo salda a súa débeda con Barreiro Barral
Ponse en marcha de novo, tras moitos meses en modo pandemia, a Asociación Monte Pindo Parque Natural. E faino cunha sentida homenaxe a Xosé Barreiro Barral, “o primeiro cronista e gran estudoso do macizo, ao cal dedicou un artigo e unha obra completa: ”Os Montes do Pindo, Olimpo Celta e Deserto de Pedra”, esgotada en todas partes.

A cita seráo domingo 30 de maio, partindo da Confraría de Pescadores da man de Merche Díaz Mayán (secretaria do pósito e tesoureira da Asociación). Haberá música con Bieito Romero (Luar na Lubre, Pentalfa) e do seu fillo o zanfonista Bieito Romero Diéguez, que darán paso á charla do divulgador, mestre e xornalista Manuel Gago.

Pouco despois a comitiva desprazarase ata a que foi a súa vivenda, continuando cun recital poético da obra "Versos no Olimpo" e unha pequena actuación musical, para a continuación descubrir a placa conmemorativa que fixará para sempre a memoria de Barreiro Barral, a cargo de Xilberto Caamaño, presidente de Monte Pindo Parque Natural.

Dende a entidade queren agradecerlle o apoio e colaboración a toda a familia do homenaxeado, “en especial de xeito póstumo ao seu fillo Xosé Ramón Barreiro Fernández (quen fóra presidente da Real Academia Galega) quen desgrazadamente non nos poderá acompañar no acto pois vén de falecer recentemente”.

Novas relacionadas

Comentarios