Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muros e Carnota participan nun programa de educación ambiental para reducir o lixo

Muros e Carnota participan nun programa de educación ambiental para reducir o lixo
Os concellos de Muros e Carnota - xunto con outros da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza - veñen de poñer en marcha un plan de xestión de residuos sólidos urbáns baseado nos principios medio ambientais dos 3 RRR: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Este programa, bautizado como “O lixo dende o teu concello” e promovido por Adega, consiste na realizacióin de diferentes actividades de Educación ambiental que consisten en charlas e obradoiros. As actividades son de balde para todos os públicos. Os obxectivos deste proxecto consiste en que a veciñanza adquira unha conciencia sobre a correcta separación dos  residuos dun xeito lúdico e agradable.  A oferta de actividades está aberta a entidades culturais, comisións de festas, centros de ensino dos concellos de Brión, Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Ames, Pontecesures, Carnota e Rois que poden solicitar actividades co propósito da mellora da separación selectiva en orixe. Unha actividade moi interesante para esta época de festividades é a ambientalización de festas e/ou eventos. As celebracións non están reñidas co coidado do medio ambiente ademais son un bo lugar para visibilizar a correcta separación dos residuos. As entidades en participar poden solicitar algunha destas actividades en ADEGA. Fonte

Comentarios