Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os nen@s de Carnota reciben material escolar nos seus domicilios

A POlicia Local de Carnota Entregando material escolar polas casas
A Policia Local de Carnota Entregando material escolar polas casas
Os nen@s de Carnota reciben material escolar nos seus domicilios

En vista de que onte daba comezo o inicio da 3ª avaliación e os nenos continúan confinados nos seus domicilios, a dirección do CEIP San Gregorio decidiu, en colaboración co Concello de Carnota repartir ao alumnado os libros de texto e outro material escolar que permanecía no colexio para garantir que podan continuar aprendendo dende as súas casas. 

Adiantándose a decisión de Consellería de Educación sobre o futuro do curso escolar, púxose en marcha onte esta iniciativa.

O persoal do CEIP San Gregorio xunto con persoal do Concello de Carnota continúan hoxe traballando conxuntamente para facer entrega do material escolar ao resto do alumnado priorizando en aqueles que teñen máis dificultades.

Moitos deles teñen acceso a internet pero non dispoñen de impresoras para poder traballar en papel. Outros non teñen acceso a internet e moi poucos recursos para seguir o ritmo do curso. Por eso, considerouse necesario, intervir e por a disposición do alumnado este material pensando que é a mellor opción para subsanar as desigualdades que podan exisitir.

Comentarios